17/06/2022
O sábado 18 de xuño celebrase no CGTD de Pontevedra o Campionato Provincial de Atletismo en Pista de equipos para as categorías benxamín e alevín
O sábado 18 de xuño celebrase no CGTD de Pontevedra o Campionato Provincial de Atletismo en Pista de equipos para as categorías benxamín e alevín. A xornada comezará ás 10:00 h. e remata aredor das 14:00 h. Participarán un total de 18 equipos correspondentes a diferentes entidades da provincia de Pontevedra. Cada equipo estará composto por 8 integrantes, nenos e nenas que participaran en seis modalidades diferentes, dúas carreiras, dous saltos e dous lanzamentos.