Xogade Xogade Xunta de Galicia Xogade

Coñece o meu club

Con este programa preténdese que os escolares coñezan os recursos deportivos dispoñibles na súa poboación. Ofréceselles así unha alternativa de ocupación para o seu tempo libre e foméntase a práctica da actividade física entre a nosa poboación escolar. Buscamos poñer en mans do noso alumnado a maior cantidade de recursos posibles, que lles axuden a conseguir uns hábitos cada vez máis activos e saudables.

En que consiste?

Os técnicos dos clubs visitarán os centros escolares para facer unha presentación práctica e lúdica do seu deporte, explicar o funcionamento do club (localización, horarios de adestramento, competicións…) e invitarán aos escolares a compartir un dos seus adestramentos. Crearase así un vínculo importante entre o centro escolar e os clubs da localidade.

O centro escolar deberá emitirlle un certificado por duplicado ao club que realice a actividade, unha vez finalizada esta.

O club terá a responsabilidade de asegurarse de que uns dos certificados sexa remitido a Secretaria Xeral para o Deporte (ao Servizo Provincial correspondente), para que alí conste aos efectos oportunos.

A quen vai dirixido?

Ao colectivo escolar galego, como receptores da actividade e a todos os clubs deportivos que estean inscritos no rexistro de clubs da Comunidade Autónoma de Galicia.

Como facer a solicitude?

Os clubs interesados deberán rexistrarse en Xogade e inscribirse cada tempada neste programa indicando a área xeográfica que están dispostos a abarcar.

Os centros educativos consultarán que clubs están dispoñibles na súa contorna e poranse en contacto con aqueles do seu interese para concertar a visita.

Condicións do club:

Deberá estar rexistrado na federación deportiva correspondente na súa modalidade.

Posta en práctica:

FASE 1. Realización da solicitude por parte do club.

FASE 2. O centro escolar poderá ver na web os clubs solicitantes.

FASE 3. O centro escolar establecerá contacto co club segundo os seus intereses

FASE 4. Visita do club ao centro escolar en horario lectivo para presentar a súa modalidade

FASE 5. (Optativa para o centro) visita ás instalacións do club co alumnado interesado para coñecer e practicar esa modalidade. (O transporte, en caso de ser necesario, irá a cargo do centro escolar).

FASE 6. Avaliación da actividade por parte do centro (opcional).

Modelo de certificado para o centro educativo

Modelo de avaliación da actividade para o centro educativo

Xunta de Galicia

© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada na internet pola Secretaría Xeral para o Deporte
EGAP - Rúa Madrid 2-4 (Fontiñas), 2ª andar 15781 Santiago de Compostela TLF. 881 99 63 63

Galicia