Xogade Xogade Xunta de Galicia Xogade

Actividade deportiva escolar

 

A Xunta de Galicia a través da Secretaría Xeral para o Deporte puxo en marcha no curso 2009-2010 os Xogos Galegos Deportivos en Idade Escolar, co programa XOGADE. Apostando por un modelo deportivo competitivo aberto á participación, tal e como queda reflectido na Carta Europea do deporte, promovendo a saúde, a condición física e o benestar, buscando que todos os escolares teñan acceso a práctica de actividades lúdicas e deportivas, sen existir ningún tipo de discriminación.

Na actividade deportiva conviven 15 modalidades diferentes con actividade de carácter local, provincial e autonómico na maioría dos casos.

Cada modalidade deportiva posúe a súa propia normativa específica, aínda que con carácter xeral pódese establecer o seguinte:

Está organizada por

A Secretaría Xeral para o Deporte, a través dos servizos de deporte de cada provincia e das agrupacións deportivas de zona, coa colaboración das federacións galegas implicadas.

Poderán tamén participar na organización de determinadas fases ou probas diversas asociacións, se fose necesario polo número de inscricións ou por operatividade, nas diferentes modalidades deportivas que se considere necesario.

 

Vai dirixida a

 Os centros de ensino, ANPA, clubs, escolas deportivas municipais, agrupacións deportivas, asociacións etc. da Comunidade Autónoma de Galicia que o desexen.

 

A Inscrición

Realizarase a través da aplicación informática https://inscricion-xogade.xunta.gal, que se atopa vinculada a esta páxina web e á páxina: deporte.xunta.gal 

A ficha de deportista escolar do curso escolar 2022 - 2023

O carné de deportista será de carácter opcional nas fases previas pero obrigatorio nas fases provinciais e autonómicas. As categorías:

1. Benxamín:   2014-2013

2. Alevín:         2012-2011

3. Infantil:        2010-2009

4. Cadete:       2008-2007

Nas idades destas categorías existen modificacións dependendo da modalidade deportiva, polo que será necesario a súa consulta na regulación de cada modalidade.

As modalidades da "Actividade deportiva escolar" do curso escolar 2022-2023 son as seguintes:


  1. Atletismo en pista

  2. Bádminton

  3. Baloncesto

  4. Balonmán

  5. Campo a través

  6. Dúatlon

  7. Fútbol sala

  8. Multixogo 6 a 8

 9. Natación

10. Orientación

11.Patinaxe Artística

12. Tenis de mesa

13. Voleibol

14. Xadrez

15. Xogando co atletismo

 

As normativas

Os regulamentos de xogo, sancións, recursos etc, serán os que figuran nas bases xerais e normas técnicas de cada deporte. Así mesmo, todos os aspectos non recollidos nestas normas regularanse pola normativa das respectivas federacións galegas e os comités provinciais organizadores.

A maiores, serán publicadas na aplicación de inscricións as normativas específicas para cada unha das actividades nas modalidades que se rexan por sistema de competición ou ben por encontros lúdicos. Non serán necesarias para aqueles onde se xogue por sistema de liga.

Xunta de Galicia

© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada na internet pola Secretaría Xeral para o Deporte
EGAP - Rúa Madrid 2-4 (Fontiñas), 2ª andar 15781 Santiago de Compostela TLF. 881 99 63 63

Galicia