Xogade Xogade Xunta de Galicia Xogade

Xogos populares

Esta actividade nace tras comprobar a alta demanda que tivo nos centros educativos a actividade lúdica de Xogos Populares (modalidade na que comezou) en Xogade. Conseguiuse así que, por primeira vez, aparecese o xogo popular e tradicional de Galicia dentro do ámbito do deporte escolar nesta comunidade autónoma.

Ante esta necesidade a Secretaría Xeral para o Deporte presenta o Xogo Popular e Tradicional como unha actividade con nome propio, dentro do programa Xogade.

Esta actividade preséntase como unha exposición itinerante dunha semana de duración polos centros educativos (públicos, privados ou concertados), para o uso e proveito de toda a comunidade educativa, non só dos escolares do centro.

Consta de 13 paneis divulgativos, 1 baúl con materiais e fichas explicativas de cada un dos xogos e unha guía didáctica de apoio ao profesorado.

Nos paneis divulgativos amósanse diferentes xogos populares ou tradicionais de Galicia, presentando datos sobre a súa orixe, forma de xogo, variantes segundo as zonas xeográficas, etc.

1. Tira da corda
2. Os aros
3. A goma
4. A mariola
5. As chapas
6. As buxainas
7. Pase Misí
8. O gato e o rato
9. As lombas
10. A chave
11. O pano
12. Os tres pés
13. O buscalume

O baúl contén os materiais necesarios para poñer en práctica os xogos anteriormente expostos. Tanto o baúl coma estes materiais foron elaborados e tallados a man cun resultado de gran calidade.

As guías didácticas están destinada ao profesorado de 5º e 6º de primaria, de ESO e de bacharelato. Son un material útil de apoio a todo o profesorado, pensando que non só ten de ser o profesor de educación física o único encargado de promover e manter aspectos culturais e tradicionais de Galicia.

As fichas explicativas dos xogos pretenden ampliar a documentación mostrada nos paneis, facilitan unha maior diversidade de actividades e proporciónanlles aos escolares un maior número de xogos populares e/ou tradicionais de Galicia.

Obxectivo principal

Fomentar os xogos tradicionais da Comunidade Autónoma de Galicia así como aqueles que aínda non sendo de orixe galega, foron e son popularmente utilizados na nosa sociedade.

Criterios de validación:

Os centros escolares que soliciten esta actividade serán atendidos baseándose nos seguintes criterios de validación:

- Grao de participación no programa Xogade.

- Situación xeográfica: intentar que ningunha zona quede sen participar neste programa e intentar aproveitar as solicitudes de centros que queden próximos entre si, o que facilitaría o traslado do material en préstamo.

- Repartición equitativa: pretenderase que cada servizo provincial xestione este material realizando unha repartición por localidades o máis equitativa posible.

- Realización desta actividade en anos anteriores.

- Orden de inscrición

Inscrición:

Nesta paxina web atoparás o botón de INSCRICIÓN que che dará acceso á plataforma deseñada para o proceso de solicitude (www.deporteescolargalego.com).

O 15 de novembro, unha vez rematado o prazo de solicitude, comezará o proceso de validación, segundo os criterios publicados arriba.

Os centros escolares que obteñan a validación serán avisados por correo electrónico.

Xunta de Galicia

© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada na internet pola Secretaría Xeral para o Deporte
EGAP - Rúa Madrid 2-4 (Fontiñas), 2ª andar 15781 Santiago de Compostela TLF. 881 996 348 / 353 Fax: 881 996 356

Galicia