Xogade Xogade Xunta de Galicia Xogade

Actividade deportiva federada

As federacións galegas, no cumprimento das súas función de promoción das súas modalidades deportivas,así como da organización de competicións oficiais autonómicas, establecidas no artigo 56, sección 3ª, CAP II da Lei de Deporte 3/2012 de 2 de abril, organizarán a competición deportiva federada en idade escolar, tendo sempre en conta a obriga de cumprimento establecida para estas entidades no convenio anual coa Secretaría Xeral para o Deporte.

Idades dos participantes na Actividade Deportiva Federada

Con carácter xeral establécense as seguintes categorías para a actividade deportiva federada no curso 2016/2017.

BENXAMÍN:   2008-2007

ALEVÍN:         2006-2005

INFANTIL:      2004-2003

CADETE:       2002-2001

Nas categorías e fases existen modificacións dependendo da regulamentación específica de cada unha das modalidades deportivas, polo que será necesario a súa consulta.

O desenvolvemento das actividades deportivas será establecido por cada unha des federacións deportivas en colaboración coa Secretaría Xeral para o Deporte e atendendo en todo momento ao recollido no convenio anual existente entre as partes.

 

Modalidades na Actividade Deportiva Federada 2016/2017

• Baloncesto

• Balonmán

• Fútbol sala

• Judo

• Loita Olímpica

• Natación

• Natación sincronizada

• Taekwondo

• Tríatlon/Duatlon

• Voleibol

• Waterpolo

• Ximnasia (Rítmica, Trampolín, Acrobática e Artística)

 

Inscricións na Actividade Deportiva Federada

Poderán inscribirse neste programa os centros de ensino, ANPA, clubs, escolas deportivas municipais, agrupacións deportivas, asociacións etc., que o desexen, pertencentes á Comunidade Autónoma de Galicia sempre que teñan a licenza federativa correspondente da modalidade na que se inscriben.

A inscrición realizarase a través da páxina web: xogade.xunta.gal, no apartado de “INSCRICIONS”. Pódese acceder tamén a través da web da Secretaría Xeral para o Deporte “deporte.xunta.gal”.

Para acceder á inscrición, o responsable da entidade solicitará a clave de acceso a través da web para inscribir equipos e deportistas. As entidades que xa participaran nas tempadas anteriores manteñen o mesmo nome de usuario e contrasinal. As entidades novas no programa recibirán as mesmas dos seus respectivos servizos provinciais. As datas límite de inscrición están especificadas nas distintas modalidades deste programa.

Para inscribirse, o primeiro paso será entrar no menú “Equipo” e dar una “Nova entrada” para xerar o equipo e a continuación introducir ou vincular aos deportistas.

Ao seleccionar no programa a actividade deportiva federada aparecerán as modalidades dispoñibles, así como as categorías en cada uno dos casos.

Xunta de Galicia

© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada na internet pola Secretaría Xeral para o Deporte
EGAP - Rúa Madrid 2-4 (Fontiñas), 2ª andar 15781 Santiago de Compostela TLF. 881 996 348 / 353 Fax: 881 996 356

Galicia