Xogade Xogade Xunta de Galicia Xogade

Novas

06/06/2022

Segunda edición do Plogging Tour Fai deporte polo planeta

O 12 de xuño celebrarase na cidade da Coruña o segundo Tour Fai Deporte polo Planeta poñendo en valor o deporte, a actividade física ao aire libre e a participación cidadá, como elementos clave para a transición azul na cidade.

 

Tras recuperar máis de 23.500 quilos de lixo desde 2019, grazas á participación cidadá e de 11 concellos españois, Nationale Nederlanden Plogging Tour regresa á Coruña, para a súa 2ª edición o domingo 12 de xuño, con máis deporte na rúa e máis actividades ao aire libre para combater o sedentarismo e promover, a través da actividade física e deportiva, a mobilidade sostible e a conservación do medio ambiente e dos recursos naturais da praia e o Parque de Bens.

O evento, ao que xa se sumaron decenas de entidades, empresas, colexios, asociacións veciñais e clubs deportivos da cidade, conta coa colaboración do Concello A Coruña e da Xunta de Galicia e colabora co desenvolvemento da Coruña como cidade sostible.

Durante a xornada do Nationale- Nederlanden Plogging Tour A Coruña, baixo o lema “ Fai Deporte polo Planeta – Haz Deporte por el Planeta”, os participantes de todas as idades e niveis, poderán realizar distintos percorridos de entre dous e once quilómetros pola zona da praia, o paseo e o parque de Bens, que combinan a actividade física e deportiva a distintas intensidades, e dirixida polo equipo de monitores do Plogging Tour, e a recuperación da contorna a través da retirada dos residuos que se atopan polo camiño. Talleres DIY, arte, reciclaxe, xogos para os máis pequenos, danza, exhibicións deportivas ou unha zona de educación ambiental a través de Realidade Virtual son parte do contido da experiencia que terá lugar desde as 9:30 horas no Village e na zona de actividades situada na praia de Bens.

Plogging Tour, a primeira xira en Europa que suma Deporte e Conservación do Patrimonio natural dos nosos pobos e cidades e o Consello Superior de Deportes (CSD), colaboran en España co obxectivo de impulsar a través do deporte, a sustentabilidade e os Obxectivos de Desenvolvemento Sostible, e aspectos de educación, formación e sensibilización relacionados coa práctica da actividade deportiva como son a inclusión, a accesibilidade universal, a igualdade, o traballo en equipo e o cooperativismo.

Sobre Plogging Tour

O termo plogging provén das palabras “jogging” (trotar, correr) e “plocka upp”, que en sueco significa recoller. O plogging é un dos movementos participativos que mellor soubo combinar todas as formas de facer exercicio. Para esta tendencia non é necesario correr, xa que se pode realizar camiñando. O feito de agacharse cando se recollen os desperdicios produce, ademais, un desgaste físico suplementario. De media, calcúlase entre 288 e 300 calorías en media hora de práctica do plogging fronte ás 235 calorías en media hora nun trote regular.

Más información: www.ploggingtour.com

Xunta de Galicia

© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada na internet pola Secretaría Xeral para o Deporte
EGAP - Rúa Madrid 2-4 (Fontiñas), 2ª andar 15781 Santiago de Compostela TLF. 881 99 63 63

Galicia