O Proxecto Deportivo de Centro – Centros Activos e Saudables busca coordinar todos os esforzos da comunidade educativa dentro e fóra do horario lectivo e dentro e fóra do centro escolar para aumentar a actividade física saudable dos nosos escolares dentro do Plan Galicia Saudable. Para isto, o Plan Proxecta da Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional, ofrece distintas ferramentas, como son:
- plataforma DAFIS,
- programa Máis e Mellor Actividade Física,
- Móvete +
- Camiña/En bici á escola
- e o propio Xogade.
Xogade é unha ferramenta perfecta para comezar o proceso de construción desta dinámica activa da nosa comunidade escolar.
Para máis información: http://www.edu.xunta.gal/portal/node/19909