As federacións galegas, no cumprimento das súas función de promoción das súas modalidades deportivas,así como da organización de competicións oficiais autonómicas, establecidas no artigo 56, sección 3ª, CAP II da Lei de Deporte 3/2012 de 2 de abril, organizarán a competición deportiva federada en idade escolar, tendo sempre en conta a obriga de cumprimento establecida para estas entidades no convenio anual coa Secretaría Xeral para o Deporte.
Inscricións na Actividade Deportiva Federada
Poderán inscribirse neste programa os centros de ensino, ANPA, clubs, escolas deportivas municipais, agrupacións deportivas, asociacións etc., que o desexen, pertencentes á Comunidade Autónoma de Galicia sempre que teñan a licenza federativa correspondente da modalidade na que se inscriben.
A inscrición dos deportistas será realizada por cada federación, dentro do proceso de tramitación da licenza federativa. As entidades terán que solicitar un perfil como Entidade Federada na aplicación web de Xogade para ver os datos dos deportistas e xestionar os certificados dos posibles accidentes deportivos.