Xogade Xogade Xunta de Galicia Xogade

Educación, deporte e valores

O deporte ten de seu valores como o traballo en equipo, o respecto polo compañeiro, a delegación de tarefas, a corresponsabilidade, o esforzo en favor dun obxectivo común, o fomento da superación persoal…, valores todos eles que poden ser aplicables a todos os ámbitos da vida persoal e profesional dos nenos.

Con este proxecto queremos presentar o Xogade non só como o espazo para a práctica da actividade física, senón como unha plataforma de educación a través do deporte, e aproveitar a estrutura xa vixente (disciplinas deportivas, número de xogadores, adestradores, axentes, familias…) como unha oportunidade para educar e promover condutas e valores.

En que consiste?

Exposición itinerante polos centros educativos. Con este material preténdese axudar ao profesorado a divulgar entre o colectivo escolar o fomento dos valores proporcionados a través da práctica deportiva.

Está dirixido a todo o colectivo escolar.

Material necesario:

Lonas despregables con estrutura de aluminio e soporte traseiro para colocar en posición vertical e preferiblemente en espazos interiores. Son lixeiros, de fácil manexo e duradeiros.

Obxectivos:

- Construír unha ferramenta de traballo para titores, mestres e monitores, así como todos os axentes involucrados no deporte base que poida exemplificar os valores inherentes ao deporte.

- Uniformar as diferentes iniciativas que os docentes e centros están xa levando a cabo co seu alumnado e propoñer unha liña de traballo conxunta.

- Presentar o deporte como ferramenta educadora e formadora de condutas e valores de desenvolvemento individual e social.

- Fomentar e desenvolver a educación multicultural e inclusiva grazas ao potencial pedagóxico do deporte.

- Previr calquera tipo de violencia ou discriminación(xénero, raza, clase social...) non só no ámbito do deporte senón como exemplo extrapolable á súa vida social e profesional nun futuro.

- Mellorar a convivencia entre equipos e as relacións que se producen nas competicións e fomentar a convivencia e o respecto mutuo.

Contidos:

1. RESPECTO:

Respecto cara ao árbitro.

Respecto cara aos compañeiros.

Respecto cara aos rivais.

2. IGUALDADE:

Igualdade de xénero.

Igualdade de raza.

Igualdade cara á discapacidade.

3. ESFORZO:

O deporte como exemplo de superación.

Aprendemos se practicamos, o adestramento como escenario.

Ser constante no traballo sen deixar as cousas a medias.

4. NON VIOLENCIA:

Prevención da violencia física.

Prevención da violencia verbal.

O diálogo.

5. COOPERACIÓN:

Traballo en equipo.

Axudar ao compañeiro.

Compartir cousas.

6. DIVERSIÓN:

O primeiro é divertirse.

O deporte é un xogo.

7. XOGO LIMPO:

As regras do xogo son importantes.

8. TOLERANCIA:

Cada un de nós é diferente ao outro.

9. RESPONSABILIDADE PERSOAL:

Puntualidade.

Materiais.

Compromiso persoal co equipo.

Criterios de validación:

Os centros escolares que soliciten esta actividade serán atendidos baseándose nos seguintes criterios de validación:

- Grao de participación no programa Xogade.

- Situación xeográfica: intentar que ningunha zona quede sen participar neste programa e intentar aproveitar as solicitudes de centros que queden próximos entre si, o que facilitaría o traslado do material en préstamo.

- Reparto equitativo: pretenderase que cada servizo provincial xestione este material e realice un reparto por localidades o máis equitativo posible.

- Realización desta actividade en anos anteriores.

- Orde de inscrición

Inscrición:

Nesta paxina web xogade.xunta.gal, atoparás o botón de “Inscrición”  que che da acceso á plataforma deseñada para o proceso de solicitude (www.deporteescolargalego.com).

O 15 de novembro, unha vez rematado o prazo de solicitude, comezará o proceso de validación, segundo os criterios arriba publicados.

Os centros escolares que obteñan a validación serán avisados por correo electrónico.

Xunta de Galicia

© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada na internet pola Secretaría Xeral para o Deporte
EGAP - Rúa Madrid 2-4 (Fontiñas), 2ª andar 15781 Santiago de Compostela TLF. 881 996 348 / 353 Fax: 881 996 356

Galicia