Xogade Xogade Xunta de Galicia Xogade

Actividade lúdica

As actividades lúdicas ofertadas dentro do Programa XOGADE, teñen como obxectivo principal o achegamento dos escolares a diferentes disciplinas deportivas empregando a mellor das ferramentas das que se dispón en educación: O XOGO.

Empregando o XOGO como ferramenta educativa, os nenos e nenas tanto de primaria como de secundaria terán a posibilidade de divertirse ao mesmo tempo que realizan a súa primeira inmersión en diferentes deportes.

As actividades realizaranse en horario lectivo durante unha mañá e levaranse a cabo por técnicos da federación correspondente.

O centro disporá de material didáctico publicado na web para poder poñelo en práctica cos escolares tras este primeiro contacto.

 

Participantes

Nestas actividades poderán participar os escolares de primaria e secundaria, previa solicitude por parte do Centro Escolar.

Inscrición

O Centro Escolar deberá solicitar as actividades desexadas (máximo 3) cumprimentando a solicitude correspondente na aplicación de Xogade, na páxina www. deporteescolargalego.com

Unha vez confirmada e admitida a solicitude por medio da Secretaría Xeral para o Deporte, o centro escolar recibirá por correo electrónico os datos de contacto da federación e dos técnicos correspondentes para concretar a data, horario e demais aspectos de relevancia coa finalidade de axustarse o máximo posible as necesidades do alumnado e a dispoñibilidade de cada federación.

 

Actividades do curso escolar 2016 - 2017

 

NOME

DESTINATARIOS

Bádminton na escola

Primaria

Secundaria

Baile deportivo na escola

6º primaria

1º secundaria

Béisbol e sóftbol na escola

Primaria

Secundaria

1º Bacharelato

Columbofilia na escola

Primaria

Secundaria

1º Bacharelato

Esgrima na escola

5º-6º primaria

Secundaria

1º Bacharelato

Espeleoloxía na escola

4º-5º-6º primaria

1º-2º secundaria

Judo na escola

Primaria

Secundaria

Loita olímpica na escola

Primaria

Secundaria

Orientación na escola

Primaria

Secundaria

Remo na escola

5º-6º primaria

Secundaria

Rugby na escola

5º-6º primaria

Secundaria

1º Bacharelato

Taekwondo na escola

Primaria

Secundaria

Voleibol na escola

5º-6º primaria

1º-2º secundaria

Xadrez na escola

4º-5º primaria

Ximnasia na escola

Primaria

Secundaria

 

Criterios de validación

Os centros escolares que soliciten esta actividade serán atendidos baseándose nos seguintes criterios de validación:

- Grao de participación no programa Xogade.

- Posibilidade xeográfica de realización.

- Reparto equitativo (solicitudes por provincia).

- Non ter validada a mesma actividade en anos anteriores.

- Orde de inscrición.

Xunta de Galicia

© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada na internet pola Secretaría Xeral para o Deporte
EGAP - Rúa Madrid 2-4 (Fontiñas), 2ª andar 15781 Santiago de Compostela TLF. 881 996 348 / 353 Fax: 881 996 356

Galicia