Xogade Xogade Xunta de Galicia Xogade

Novas

07/12/2021

CESA Campo a Través 2021

A Selección Galega Sub16 masculina lograba o domingo 5 de decembro a segunda posición no CESA de Campo a través. Por outra banda, Xela Martínez facíase coa medalla de ouro individual na categoría sub 16 feminina.

 

A Selección Galega Sub 16 masculina lograba o domingo 5 de decembro a segunda posición no Campionato de España de Campo a través do CSD na edición disputada  no Centro Ecuestre El Asturcón en Oviedo e no que dazoito Seleccións e preto de catrocentos atletas en representación de practicamente todo o Estado tomaban parte.

O equipo formado por Ricardo Negrete (7º), Damián Suárez (8º), Teo de Frutos (17º), Sergio Quintas (18º), Asahber Díaz (20º) e Matías Regueiro (35º) lograba este meritoria segunda posición nun campionato na que tan só cederían ante a selección do Pais Vasco por tan só dous puntos.

A outra das noticias da xornada foi a carreira da lucense Xela Martínez quen lograba o triunfo individual proclamándose campioa de España e amosando novamente a súa enorme calidade nunha categoría Sub16 onde a Selección remataba por equipos na sétima posición da clasificación xeral.

Nas categorías Sub18, o equipo masculino liderado por Mateo Rodríguez (9º) lograba a sexta posición sendo novenas as mulleres na que Paula Cabaleiro (41ª) lograba o mellor posto das galegas.

Xunta de Galicia

© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada na internet pola Secretaría Xeral para o Deporte
EGAP - Rúa Madrid 2-4 (Fontiñas), 2ª andar 15781 Santiago de Compostela TLF. 881 99 63 63

Galicia