Xogade Xogade Xunta de Galicia Xogade

Novas

19/12/2019

*A SECRETARÍA XERAL PARA O DEPORTE RECOMENDA SUSPENDER AS ACTIVIDADES DEPORTIVAS AO AIRE LIBRE NO INTERIOR DE PONTEVEDRA

A Dirección Xeral de Emerxencias e Interior da Xunta de Galicia activou alerta laranxa por un episodio de fenómenos meteorolóxicos adversos por vento

 

Santiago, 19 de decembro de 2019.-* A Dirección Xeral de Emerxencias e Interior da Xunta de Galicia vén activou a alerta laranxa por un  fenómeno meteorolóxico adverso por vento con refachos de ata 100 km/h durante todo o día que afectará o interior de Pontevedra. No resto das provincias permaneceran en nivel amarelo por vento ata o final do mesmo día

 

Por este motivo, desde a Secretaría Xeral para o Deporte ínstase á suspensión de todas as actividades deportivas ao aire libre na durante o día de hoxe nas zonas afectadas. 

 

A Secretaría Xeral para o Deporte pretende deste xeito preservar a seguridade dos deportistas, adestradores, árbitros ou xuíces, afeccionados, operarios e garantir que non se produza incidencia algunha nas instalacións.

 

No caso de precisar información máis puntual ou detallada, débese chamar ao Centro integrado de Atención de Emerxencias 112 Galicia, ou consultar a páxina web da AEMET: www.aemet.es., do CAE 112: www.axega112.gal e de Meteogalicia: www.meteogalicia.es

Xunta de Galicia

© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada na internet pola Secretaría Xeral para o Deporte
EGAP - Rúa Madrid 2-4 (Fontiñas), 2ª andar 15781 Santiago de Compostela TLF. 881 996 363 deporte.escolar@xunta.gal

Galicia