Xogade Xogade Xunta de Galicia Xogade

Novas

20/06/2019

CAMPIONATO DE ESPAÑA DE ATLETISMO EN PISTA

Esta fin de semana, 15 e 16 de xuño, tivo lugar en Madrid o Campionato de España de Atletismo en Pista en Idade Escolar por Seleccións Autonómicas.

 

Tras unha fin de semana de traballo e emocións xa está na casa a selección galega que acudiu ao CESA de Atletismo.

Debemos destacar as 4 medallas acadadas por Alba Cuns (ouro en triple), Pedro Vázquez (prata en 3000 m.), Daniel Loureiro (prata en xavelina) e Nicolás Ortega (bronce en disco).

Agardamos que para todas as persoas que viaxaron a Madrid fose unha experiencia enriquecedora, tanto no deportivo como no persoal.

Xunta de Galicia

© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada na internet pola Secretaría Xeral para o Deporte
EGAP - Rúa Madrid 2-4 (Fontiñas), 2ª andar 15781 Santiago de Compostela TLF. 881 99 63 63

Galicia