Xogade Xogade Xunta de Galicia Xogade

Novas

09/01/2019

CAMPIONATO DE ESPAÑA DE BALONCESTO

Xa de volta as seleccións, moi contentas co traballo e cos resultados.

 

Galicia despide este #KDTIN2019 cun Bronce no seu palmarés, o conseguido pola Selección Infantil Feminina. O equipo que dirixe Nacary Rojas desputou este metal ante Andalucía, selección á cal xa derrotra na fase previa. O soño deste metal ven a suceder a última medalla conseguida por Galicia nun Campionato de España de Seleccións: tamén un bronce, neste caso en cadete feminino no ano 2014. 

Pola súa banda, a Selección Cadete Feminina proclamouse Campioa do grupo Prefente nun último partido con Canarias como rival. As galegas suman este título ao seu ascenso a Grupo Especial. Dobre premio para un memo campionato. 

A Selección Galega Cadete Masculina rematou nun 7º posto do Grupo Especial e a Infantil Masculina nun 8º.

Isto significa que para o ano que vén as catro seleccións estarán no grupo especial. 

Noraboa a todas e a todos! Agardamos que esta fose unha experiencia enriquecedora tanto no persoal como no deportivo.

Xunta de Galicia

© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada na internet pola Secretaría Xeral para o Deporte
EGAP - Rúa Madrid 2-4 (Fontiñas), 2ª andar 15781 Santiago de Compostela TLF. 881 996 363 deporte.escolar@xunta.gal

Galicia