Xogade Xogade Xunta de Galicia Xogade

Novas

07/01/2019

A SELECCIÓN GALEGA CADETE FEMININA XOGARÁ MAÑÁ CONTRA CATALUÑA A FINAL DO CAMPIONATO DE ESPAÑA DE BALONMÁN

A selección cadete masculina loitará polo bronce contra Euskadi.

 

A selección galega cadete feminina acadou onte a clasificación para a final do Campionato de España de Seleccións Autonómicas, despois de derrotar a Madrid nun gran partido. A final celebrarase hoxe (10:45 horas) contra Cataluña. Pola súa banda, a selección cadete masculina loitará polo bronce contra Euskadi (09:00 horas). 

En liñas xerais a de hoxe foi unha boa xornada para Galicia con catro triunfos e dúas derrotas. As seleccións infantil feminina, infantil masculina e xuvenil feminina tentarán acadar a quinta posición, mentres que a xuvenil masculina disputará a sétima posición.

Mila Alonso

Responsable de Comunicación FGBm

Xunta de Galicia

© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada na internet pola Secretaría Xeral para o Deporte
EGAP - Rúa Madrid 2-4 (Fontiñas), 2ª andar 15781 Santiago de Compostela TLF. 881 99 63 63

Galicia