Xogade Xogade Xunta de Galicia Xogade

Novas

04/01/2019

CAMPIONATO DE ESPAÑA DE BALONMÁN

Onte catro triunfos galegos e hoxe xornada decisiva.

 

Os combinados cadete masculino, xuvenil feminino e infantil feminino xa están clasificados para cuartos de final.

Derrotas das seleccións xuvenil masculina e infantil feminina.

As seleccións infantil masculina e cadete feminina buscarán mañá o ascenso.

Complicada segunda xornada do Campionato de España de Valladolid. A pesar de que houbo catro triunfos galegos, complícase a situación da selección xuvenil masculina. O máis positivo, a clasificación para cuartos dos combinados cadete masculino, xuvenil feminino e infantil feminino (pese á derrota). Hoxe, terceira e decisiva xornada co ascenso das seleccións cadete feminina e infantil masculina en xogo e as clasificacións finais.

Mila Alonso

Responsable de Comunicación FGBm

Xunta de Galicia

© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada na internet pola Secretaría Xeral para o Deporte
EGAP - Rúa Madrid 2-4 (Fontiñas), 2ª andar 15781 Santiago de Compostela TLF. 881 996 363 deporte.escolar@xunta.gal

Galicia