Xogade Xogade Xunta de Galicia Xogade

Novas

03/01/2019

PLENO DE VITORIAS GALEGAS NA PRIMEIRA XORNADA DO CAMPIONATO DE ESPAÑA DE SELECCIÓNS TERRITORIAIS DE BALONMÁN

O Campionato de España de Seleccións Territoriais de Valladolid das categorías infantil, cadete e xuvenil masculinas e femininas comezou da mellor maneira posible para Galicia, con seis triunfos galegos. A pesar dos nervios do debut nalgúns casos, as seleccións galegas renderon a un magnífico nivel e venceron en todos os encontros. Mañá disputarase a segunda xornada.

 

Campionato de España infantil feminino: Galicia, 24 -Euskadi, 15. Magnífico inicio de Campionato para as minigalaicas que acadaron un amplo triunfo contra Euskadi. A clave estivo na excelente defensa das galegas dende o inicio do choque que lles permitiu abrir unha brecha no marcador para chegar ao descanso cun resultado de 11-16. Na segunda parte, as rapazas de Laura del Castillo e Yolanda Correa controlaron o partido con moita comodidade para chegar ao final do mesmo cunha importante vantaxe (24-15). Destacou Lucía Villamarín na faceta goleadora cun total de sete tantos. Galicia, 24: Paula Comendador, Carmela Fontoira (2), Lucía Álvarez (2), Cristina González, Uxía Campos (2), Lucía Villamarín (7), Eva Rodríguez, Carla Vidal (1), Aroa Fernández (1), Blanca Rial (2), Sandra Alperi, Lucía Méndez (4), Itziar Molinos, Nerea Patiño (1), Nerea Arias (2) e Nuria López. Mañá a selección galega xogará contra Navarra (13:00 horas).

Copa de España infantil masculino: A Rioxa, 13 - Galicia, 27. Neste primeiro partido da competición a selección galega infantil masculina sufriu os nervios do debut e a presión por acadar o ascenso. Desta forma, a pesar de que sempre foron por diante no marcador, non conseguían romper o encontro por culpa de fallos no lanzamento e perdas de balón. Na segunda metade entraron na cancha outra vez titubeantes, pero finalmente nos últimos dez minutos lograron mellorar en defensa o que lles permitiu rápidos contragolpes e escaparse no marcador, para acadar unha clara vitoria. Galicia; 27: Hugo Pérez, Adrián Pérez del Río (4), Eduardo Alonso (3), Marcelo Gil (2), Pablo Fernández (1), Martín Santos (2), Senén Garea (5), Roberto Castro (1), Adrián Carrera (1), Ismael Fernández (1), Mateo Pallas, Alexandre Gallego (3), Nuno Loxo (2), Miguel López, Carlos Menduiña e Anxo Fernández (2). Mañá Galicia volverá enfrontarse á Rioxa (9:30 horas). Copa de España cadete feminino: Murcia, 16 - Galicia, 42. Fantástico o inicio das galaicas cadete contra Murcia baseado nunha gran defensa que lles permitiu facer moitos roubos de balón e lograr unha rotunda vitoria, que lles da máis confianza cara ao futuro. Ao descanso xa gañaban por 8-23. As guerreiras de Abel González e Ana Alonso agardan o partido de volta. Galicia, 42: Marian Mera, Alba Afonso (2), Anastasija Doder (2), Verónica de Cristófaro (6), María Currás (1), Sabela Miniño (7), Carla Baltasar (3), Ithaisa Trigo (7), Area Martínez (3), Marta da Silva (2), Antía Estévez, Sara Román (1), Laura Magdaleno (5), Yaza Alonso (1), Lorena Vaello (2) e Helena Sánchez. Mañá novamente xogarán contra Murcia (11:15 horas)

Campionato de España cadete masculino: Cataluña, 27 - Galicia, 30. Primeiro encontro e primeiro triunfo do campionato ante unha das favoritas ao título. Tras un inicio igualado (7-7, min. 10), un parcial de 0-6 favorable aos galegos permitiulles romper o partido obrigando ao técnico catalán a solicitar dous tempos mortos e buscar a reacción cun cambio a unha defensa 4:2. Galicia chegou a lograr unha renda de 8 goles para alcanzar o descanso cun 11-18. Na segunda metade, aos poucos os cataláns foron recortando distancias no marcador ata igualalo (27-27, min. 52). Pero lonxe de poñerse nervioso pola vantaxe perdida, Galicia remontou cun parcial de 0-3 nos últimos minutos de partido o que lle permitiu sumar a súa primeira vitoria no torneo. Galicia, 30: José Cerqueiro, Carlos Álvarez (10), Roi Gallego (3), Mario Cancela (6), Marco García, Iago Costas (3), Esteban Carballido, Rubén Sequeiros, Sergio Blond, Alejandro López (2), David Álvarez, Henrique Gabriel (3), Lois García, Diego Fernández, Román Arboleya (1)e Daniel Virulegio (2). Mañá a selección cadete masculina enfrontarase a Asturias (09:30 horas) Campionato de España xuvenil feminino: Galicia, 28 - Castela e León, 23. Loitado triunfo das galegas no primeiro partido do torneo contra Castela e León. Costoulle as rapazas dirixidas por Miguel Sánchez e Laura Rúa entrar na dinámica do partido e cometeron bastantes erros na faceta defensiva. Ao descanso estaban dous tantos abaixo no marcador (12-14). Na segunda metade, as xogadoras entraron enchufadas e cunha importante mellora na táctica defensiva, o que lles permitiu remontar primeiro e finalizar cunha vitoria bastante cómoda.

Galicia, 28: Uxía Ferreiro, Andrea Fernández (2), Sandra Blanco (3), Patricia Mallo, Adriana Mallo (3), Aitana Santomé (3), Silvia Leiras, Sandra Sánchez (2), Estela López, Lidia Portela, Ángela Rodríguez (9), Carme Castro (2), Claudia Kaulback, Lara Docampo (1) e Marta Martínez. Mañá, Galicia-Euskadi (09:30 horas) Campionato de España xuvenil masculino: Navarra, 24 - Galicia, 28. Foi un partido con dúas caras o disputado hoxe pola selección galega xuvenil masculina contra Navarra. Na primeira parte, os galegos foron moi superiores ao rival e iso viuse reflectido no marcador (8-14, ao descanso). Pero na segunda metade, os navarros saíron moi enchufados e comezaron a recortar distancias pouco a pouco ata alcanzar o empate (20-20, min. 13). O rapaces dirixidos por Daniel Benaches e Javi Díaz non perderon a compostura e seguiron firmes na idea de xogo e así lograron recuperar o mando no marcador. Aínda así, novamente Navarra logrou poñerse a só un tanto a falta de dez minutos para o final (22-23), pero outra vez os galaicos amosaron a súa garra para vencer 24-28. Galicia, 28: Víctor Doval, Mario Chan, Víctor Fernández (4), Eduardo José Cousillas (1), Javier Iglesias (4), Xurxo Rivas (2), Gonzalo Domínguez, Juan Enrique Lago, Juan Bas, Brais González (4), Cristian Remeseiro (8), Pablo González, Samuel Barciela (1), Óscar Otero, Jacobo Río e Rubén Fernández (4). Mañá, Galicia-Cataluña (11:15 horas)

Mila Alonso

Responsable de Comunicación FGBm

Xunta de Galicia

© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada na internet pola Secretaría Xeral para o Deporte
EGAP - Rúa Madrid 2-4 (Fontiñas), 2ª andar 15781 Santiago de Compostela TLF. 881 99 63 63

Galicia