Xogade Xogade Xunta de Galicia Xogade

Novas

07/11/2018

CAMPIONATO DE ESPAÑA DE ORIENTACIÓN

Esta fin de semana, do 1 ao 4 de novembro, tivo lugar na cidade da Coruña o Campionato de España por Seleccións Autonómicas de Orientación.

 

A cidade da Coruña acolleu esta fin de semana dous campionatos de España, o de Seleccións Autonómicas e o de Centros Educativos da modalidade de Orientación.

A valoración global do campionato destaca o bo ambiente e convivencia entre os máis de 400 deportistas. 

As seleccións galegas acadaron bos resultados. Salientamos as medallas de prata dos infantís Sofía Martínez e de Mateo Rodríguez. Dentro dos 20 primeiros tamén atopamos aos infantís Nicolás López e Hugo Antoñón e a cadete Alba Grimaldi e o equipo de remudas que quedou oitavo.

Esperamos que para todos fose unha experiencia que vos faga medrar como deportistas e como persoas. 

Xunta de Galicia

© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada na internet pola Secretaría Xeral para o Deporte
EGAP - Rúa Madrid 2-4 (Fontiñas), 2ª andar 15781 Santiago de Compostela TLF. 881 996 363 deporte.escolar@xunta.gal

Galicia