Xogade Xogade Xunta de Galicia Xogade

Novas

11/07/2018

COMUNICADO DA SECRETARÍA XERAL PARA O DEPORTE

A Secretaría Xeral para o Deporte, ante as consultas efectuadas por distintas entidades deportivas en relación a un proxecto de Liga escolar de Fútbol Sala promovido pola asociación ASPOFUSA, comunica:

 

PRIMEIRO. A secretaría Xeral para o Deporte non ten coñecemento da presentación oficial do proxecto de Liga escolar de Fútbol Sala ASPOFUSA.

SEGUNDO.A secretaría Xeral para o Deporte non autorizou nin aprobou o citado proxecto e o uso por parte desa asociación do logo de XOGADE nas súas comunicacións. A estes efectos, no día de hoxe vaise requirir á citada asociación para que retire o logo de XOGADE das súas comunicacións, sen prexuízo da reserva das accións xudiciais que procedan polo uso sen autorización do citado logo por esa asociación.

TERCEIRO. O programa XOGADE regula o desenvolvemento da actividade deportiva en idade escolar

a través de dúas vías:

a)A vía federada(organizada por cada federación deportiva) ou

b)A vía da administración autonómica, organizada a través dos servicios provinciais de Deportes da secretaría Xeral para o Deporte, podendo contar para a súa execución coa colaboración das agrupacións deportivas escolares ou outras entidades.

Dentro do programa XOGADE, non pode organizarse a especialidade del fútbol sala a través de entidades privadas distintas das sinaladas.

CUARTO. Ao marxe do programa XOGADE, a Lei 3/2012 do 2 de abril, do deporte de Galicia, permite a organización de eventos deportivos(ligas, torneos….) que non teñan a consideración de competición oficial a todas as entidades privadas, estando sometidas, sempre e en todo caso, ao cumprimento dunha serie de obrigas establecidas no artigo 22 e artigo 23 da citada Lei:

 As responsabilidades de carácter civil, penal ou administrativo que poidan derivar da realización do evento recaerán sobre os seus respectivos organizadores.

 O título de inscrición e participación debe indicar o réxime de dereitos e deberes e as condicións que se deben cumprir para a participación.

 O organizador deberá contemplar necesariamente a asistencia sanitaria dos participantes no evento, para o suposto de accidente deportivo, mediante a subscrición do correspondente seguro

 A organización de competicións e eventos deportivos, estará suxeitas á obrigatoria subscrición polo organizador ou prestador dos servizos dun contrato de seguro de responsabilidade civil polos danos que se lles poidan ocasionar ás persoas usuarias, a participantes e a calquera outra persoa, como consecuencia das condicións das instalacións ou da actividade desenvolvida nelas.

QUINTO.A inclusión dunha actividade no programa XOGADE organizado pola secretaría Xeral para o Deporte conleva que en ningún caso se poderá cobrar prezo algún aos participantes.

Xunta de Galicia

© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada na internet pola Secretaría Xeral para o Deporte
EGAP - Rúa Madrid 2-4 (Fontiñas), 2ª andar 15781 Santiago de Compostela TLF. 881 996 363 deporte.escolar@xunta.gal

Galicia