Xogade Xogade Xunta de Galicia Xogade

Novas

18/06/2018

CAMPIONATO DE ESPAÑA DE ATLETISMO EN PISTA

Esta fin de semana tivo lugar en Avilés o Campionato de España por Seleccións Autonómicas de Atletismo en Pista.

 

Esta fin de semana as seleccións cadetes feminina e masculina de atletismo competiron en Avilés.

Agardamos que fose unha experiencia agradable e enriquecedora para todas e todos na que a convivencia.

Destaca a responsable da expedición o alto compromiso coa selección das e dos atletas.

Os resultados acadados situaron á selección feminina nun 5º posto e á masculina nun 4º conseguindo medallas nun total de doce probas.

Acadaron ouro Belén García en 300 metros valados, Éric Méndez en Martelo e Antía Sestelo en Xavelina.

Acadaron prata Ana Piñeiro en 3.000 metros marcha, Lara Tilve e Nicolás Ortega lanzando disco e Daniel Mato coa xavelina, Lope Quinteiro en 1.000 metros lisos e Hugo García nos 3.000

Acadaron bronce Jorge Román nos 300 metros lisos e o equipo de remudas de 4x300 formado por Aleix Salas, David Ngwundile, Lope Quinteiro e Jorge Román.

Noraboa a todas e todos.

Xunta de Galicia

© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada na internet pola Secretaría Xeral para o Deporte
EGAP - Rúa Madrid 2-4 (Fontiñas), 2ª andar 15781 Santiago de Compostela TLF. 881 99 63 63

Galicia