Xogade Xogade Xunta de Galicia Xogade

Novas

19/03/2018

CAMPIONATO DE ESPAÑA DE LOITA

Esta fin de semana Galicia acolleu o Campionato de España por seleccións autonómicas en categoría Escolar de Loitas Olímpicas.

 

As seleccións galegas escolar e cadete, femininas e masculinas, competiron esta fin de semana en Pontevedra no Campionato de España das súas categorías.

Agardamos que fose para todas e todos unha experiencia enriquecedora tanto no deportivo como no persoal.

Galicia acadou, na categoría Escolar, o2º posto en Loita Feminina (cun ouro unha prata e un bronce) e 3º nas dúas especialidades masculinas. En libre olímpica con tres pratas e un bronce e en grecorromana con dous bronces e dous ouros.

Na categoría Cadete Galicia quedou terceira en Libre Olímpica (cun ouro, unha prata e dous bronces), cuarta en Grecorromana (cunha prata e dous bronces) e sétima en Loita feminina.

Xunta de Galicia

© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada na internet pola Secretaría Xeral para o Deporte
EGAP - Rúa Madrid 2-4 (Fontiñas), 2ª andar 15781 Santiago de Compostela TLF. 881 996 363 deporte.escolar@xunta.gal

Galicia