Xogade Xogade Xunta de Galicia Xogade

Novas

19/03/2018

CAMPIONATO DE ESPAÑA DE NATACIÓN

Esta fin de semana tivo lugar o Campionato de España por Seleccións Autonómicas de Natación en Castellón.

 

As seleccións galegas alevíns e infantís, femininas e masculinas, viaxaron esta fin de semana a Castellón para participar no Campionato de España das súas categorías.

Agardamos que fose para todas e todos unha experiencia enriquecedora tanto no deportivo como no persoal.

Galicia acadou un 6º posto, detrás de Andalucía, Cataluña, Madrid, Comunidade Valenciana e Illas Baleares, grazas ao 9º posto das rapazas e o 5º dos rapaces.

No plano individual destacou Pablo Cabana del Amo, primeiro nas probas de 1500 libre, 200 bolboreta e 400 libre quen tamén foi segundo en 400 estilos.

Xunta de Galicia

© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada na internet pola Secretaría Xeral para o Deporte
EGAP - Rúa Madrid 2-4 (Fontiñas), 2ª andar 15781 Santiago de Compostela TLF. 881 996 363 deporte.escolar@xunta.gal

Galicia