Xogade Xogade Xunta de Galicia Xogade

Novas

05/01/2018

CAMPIONATO DE ESPAÑA DE BALONCESTO

Toda a información do día de onte.

 

Cadete Feminino - Fase Previa Grupo Especial B

(Galicia, Madrid, Asturias, Andalucía e Canarias)

04/01/18 - Xornada 3
(11.30 h) Asturias - Galicia (Pavillón Municipal La Vega) (22 - 19, 14 - 14, 16 - 8, 8 - 16)  (60 - 57)  (estatística)

Galicia viviu no seu primeiro duelo da xornada un encontro que, a priori, presumíase igualado pero no que a selección asturiana dominou o electrónico os 40 minutos. As numerosas perda de balóns e o pouco acerto nos tiros fixeron que as xogadoras que comanda Nacho Silva non puidesen colocarse por enriba en ningún momento, chegando ao tampo de descanso 36-33.

Tras o necesario paso por vestiarios as xogadoras galegas intentaron ir con todo para equilibrar a contenda, pero o balón non foi o seu aliado ante canastra en ningún intre e as asturianas aproveitaron este baixón para sumar e alonxarse 15 valiosos puntos .

No derradeiro cuarto Galicia apretou ata o seu límite en defensa, salvando as distancias e remontando no marcador e mentalmente ata colocarse a 3 puntos. Moi ao seu pesar, esta mínima diferencia non foi salvable nos últimos segundos, sumando así a seu segundo resultado de saldo negativo neste Campionato.

04/01/18 - Xornada 4
(19.30 h) Galicia – Andalucía (Pavillón Lalo García) (19 - 18, 15 - 11, 13 - 17, 3 - 26) (50 - 72) (estatística)

Galicia e Andalucía deron saída aos primeiros dez minutos encarándose de ti a ti, con respeto pero sen medo. A igualdade foi a tónica deste primeiro cuarto (18 – 19) no que ambas as seleccións esprimiron as súas opcións de ataque.

O período previo ao descanso serviu para que Galicia arañase unha diferencia algo máis cómoda e bo punto de inflexión para intentar despegar. Un raudo ritmo de xogo, combinado coas boas recuperacións de balón baixo o aro rival seguidas de rápidas canastras permitiron que as de Nacho Silva encarasen os vestiarios con cinco puntos ao seu favor. Pero, todo estaba por decidir.

E tanto era así que Andalucía regresou á pista totalmente enchufada e comezou a dominar o compás dun partido cardíaco e repleto de canastras de ida e volta que favorecían a reacción asturiana e devolvían o empate ao electrónico (41 – 41. Minuto 5). Os derradeiros minutos deste tempo supuxeron un intercambio de canastras no que parecía mandar Andalucía, pero que Galicia asimilaba recuperándose e acertando tamén ante o seu aro. Cun aberto 45 – 46 no luminoso entrouse no intre definitivo.

Un parcial en contra 0 – 8 nos tres primeros minutos do último período (47 – 55) situou a Galicia a expensas do rival e forzou un tempo morto que non solucionou a situación. Andalucía seguiu anotando e mantendo a raia a unha Galicia incapaz de tocar canastra (47 – 60. minuto 5). O panorama non mudou en absoluto e ante unha selección galega algo inoperativa, Andalucía prosegiu a sumar os puntos necesarios para rachar o partido (50 – 72).

Cadete Masculino - Fase Previa Grupo Preferente C

(Galicia, Melilla, Ceuta, Navarra e Castilla León)

04/01/18 - Xornada 2
(09.30 h) Galicia – Melilla (Pavillón Lalo García) (22 - 15, 18 - 11, 20 - 8, 22 - 12) (82 - 46) (estatística)

Galicia asinou con vitoria a súa estrea neste #KDTINF2018 ante unha Melilla que plantou cara de xeito máis contundente na primeira metade de encontro. Os xogadores que dirixe Tito Díaz presentaronse coas ideas claras e perseveraron no seu dominio de xogo e marcador durante todo o encontro.

Foron os primeiros dez minutos (22- 15. 1Q) os que máis lles costaron aos galegos, que tiñan diante a unha Melilla acertada en ataque e disposta a non deixar marchar o tenteo sen pelexar e respostar ás acción galegas.

No segundo período fixéronse mais visibles os erros ante canastra de ambos os equipos, pagando ambos certos nervos; pero Galicia continuo gañando distancia a pequenos pasos antes do descanso.

A segunda metade do partido serviu para que os de Tito Díaz asentasen no electrónico a súa marxe de seguridade, crecendo de 20 puntos no ecuador do terceiro cuarto (50 – 30), aos definitivos 36 do remate (82 – 46), que deixaban marcado o camiño para o encontro desta tarde ante Ceuta (17. 30 h)

04/01/18 - Xornada 3
(17.30 h) Ceuta - Galicia (Pavillón Municipal La Vega)  (2 - 42, 1 - 29, 1 - 19, 2 - 30)  (6 - 120) (estadística)

Segundo partido de la Selección Gallega Cadete Masculina en Valladolid resolto para os de Tito Díaz sen apuros. Galicia rompeu claramente o encontro dende os primeiros minutos, establecendo xa dende o período inicial un ritmo que facilitou unha vitoria que lles permite seguir acumulando sensacións positivas para o que resta dun Campionato no que a xornada de mañá, venres, 5 de xaneiro; será crucial para os seus intereses e aspiracións.

Infantil Masculino - Fase Previa Grupo Especial A

(Galicia, Baleares, Canarias, Andalucía e Madrid)

04/01/18 - Xornada 4
(19.30 h) Galicia –Baleares (Pavillón Pisuerga) (13 - 25, 29 - 14, 16 - 20, 24- 16) (82 - 75) (estatística)

Galicia arrincou moi mal, desorientada e nerviosa pero, a partir de elevar o seu nivel defensivo e templar o seu xogo de equipo, sentiuse máis cómoda en ataque. A mellora nesta faceta foi crucial para afrontar a segunda metade de partido e permitiu que os.galegos levantasen o duro parcial inicial en contra.

Con traballo, os de Javi Peino conseguiron levarse un encontro moi parello, no que a diferencia decisoria estribou realmente no acerto no 1x1 dentro dos instantes finais.

Xunta de Galicia

© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada na internet pola Secretaría Xeral para o Deporte
EGAP - Rúa Madrid 2-4 (Fontiñas), 2ª andar 15781 Santiago de Compostela TLF. 881 996 363 deporte.escolar@xunta.gal

Galicia