Xogade Xogade Xunta de Galicia Xogade

Novas

04/01/2018

CAMPIONATO DE ESPAÑA DE BALONMÁN

Triunfo da selección galega cadete masculina, nunha xornada complicada para Galicia

 

Xornada negra para as seleccións galegas no Campionato de España de Seleccións Territoriais, que se está a disputar en Vigo e Pontevedra. Hoxe xogaron cinco das seleccións galegas (a xuvenil feminina descansou) e só venceu a cadete masculina, que fixo un gran partido. Con estes resultados complícase a clasificación para os cuartos de final, aínda que as seleccións galegas buscarán o pase na xornada de mañá. Ademais, houbo condensación nalgún pavillón, pero novamente a xornada se celebrou completa, grazas ao esforzo da organización, voluntarios e a boa disposición das seleccións participantes.

Toda a información sobre o campionato no seguinte enlace: www.cesabmgalicia.com

Xunta de Galicia

© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada na internet pola Secretaría Xeral para o Deporte
EGAP - Rúa Madrid 2-4 (Fontiñas), 2ª andar 15781 Santiago de Compostela TLF. 881 99 63 63

Galicia