Xogade Xogade Xunta de Galicia Xogade

Novas

22/06/2017

CAMPIONATO DE ESPAÑA DE ATLETISMO EN PISTA

Moi contentos cos resultados das seleccións galegas.

 

A expedición a Lorca tivo unha gran actuación no campionato desta fin de semana pasada. Alegrámonos do esforzo en todas e cada unha das participacións de atletas en Lorca.

No medallero houbo grandes logros con 9 metais acadados.

Un ouro grazas ao lanzamento de martelo de Irene Gómez.

Cinco pratas: Ana Piñeiro en 3000m. marcha, María Pena en lanzamento de xavelina, Carlos Álvarez en 600m., Said Abdoun en 1000m. e El Medhi Nabaoui en 3000m.

Tres bronces: Paula de la Torre en 1000m., Sara Lima en 3000m. e Carlos Cortizo no concurso de altura.

Agardamos que esta fose unha experiencia enriquecedora para toda a expedición.

Xunta de Galicia

© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada na internet pola Secretaría Xeral para o Deporte
EGAP - Rúa Madrid 2-4 (Fontiñas), 2ª andar 15781 Santiago de Compostela TLF. 881 99 63 63

Galicia