Xogade Xogade Xunta de Galicia Xogade

Novas

08/02/2017

Mundial Escolar de Atletismo

O CSD comeza o proceso de selección de centros educativos para o Mundial Escolar de Atletismo.

 

A ISF convocou para 2017 o Mundial Escolar de Atletismo, cuxa celebración está prevista do 24 ao 30 de xuño en Nancy (Francia)

 

Poñemos aquí a información sobre o proceso de selección do Consello Superior de Deportes por se algún centro educativo está interesado en representalo.

 

A selección é mediante unha competición “virtual” entre centros escolares que poidan estar interesados. A RFEA avalará as puntuacións obtidas segundo as marcas dos/das atletas que pertenzan a cada centro.

 

En canto á financiación da actividade, os centros escolares interesados deberán correr cos gastos que ocasione o seu desprazamento á competición, mentres que o CSD financiará os que correspondan á inscrición e participación (canon ISF por persoa, aloxamento e manutención).

 

Teñen toda a información na web do CSD, xunto cos modelos para a inscrición e certificación do centro.

http://www.csd.gob.es/csd/promocion/deporte-escolar/3actividadInternacionalDepEscolar/

 

 

 

Xunta de Galicia

© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada na internet pola Secretaría Xeral para o Deporte
EGAP - Rúa Madrid 2-4 (Fontiñas), 2ª andar 15781 Santiago de Compostela TLF. 881 99 63 63

Galicia