Xogade Xogade Xunta de Galicia Xogade

Novas

02/01/2017

HOXE COMEZAN OS CAMPIONATOS DE ESPAÑA DE BALONMÁN

As seleccións galegas de balonmán infantil, cadete e xuvenil, femininas e masculinas, comezan hoxe a competición.

 

O horario de competición para as seleccións galegas no día de hoxe será o seguinte: 

Selección Infantil Feminina xoga no Campionato de España contra Asturias ás 11:15.

Selección Cadete Feminina xoga na Copa de España contra La Rioja ás 13:00.

Selección Xuvenil Masculina xoga no Campiontao de España contra Madrid ás 15:45.

Ás 17:30 xogan  simultaneamente as Seleccións Infantil  e Cadete Masculinas no Campionato de España e a Selección Xuvenil Feminina na Copa de España, contra Euskadi, Asturias e Aragón, respectivamente.

Desexámoslle a todos os nosos deportistas que o pasen moi ben e que aprendan das experiencias que esta competición lles vai aportar para a súa vida.

Xunta de Galicia

© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada na internet pola Secretaría Xeral para o Deporte
EGAP - Rúa Madrid 2-4 (Fontiñas), 2ª andar 15781 Santiago de Compostela TLF. 881 99 63 63

Galicia