Xogade Xogade Xunta de Galicia Xogade

Novas

21/06/2016

Moi bo papel galego no CE de Atletismo

9 medallas individuais e boa clasificación por equipos.

 

A selección galega de atletismo disputou este pasado fin de semana o Cto. de España escolar, que tivo lugar en Cartagena (Murcia) o 18 e 19 de xuño.

Os resultados máis salientables entre os 36 deportistas que se desprazaron foron o ouro de Olaia Becerril en lonxitude, con 5,76m (batindo o récord galego cadete) e o de Nicolás Area en disco, con 55,75m.

Ademáis, acadáronse varios podios, con medalla de prata para Lucía Sicre  nos 600 m.l. con 1.37.43; Sara López  nos 1500 m. obstáculos con 5.07.56 (novo récord galego),   Cristina Freire en disco con 34.43 m., Iria Rivas nos 3000 m. marcha con  14.37.26, e  El Medhi El Nabaoui nos 3000 m.l. con 9.08.66. Marco Martínez acadou unha medalla de bronce en altura con 1.84 m. e as chicas gañaron outro no relevo feminino dos 4x100 m.(tamén records galegos nos dous relevos).

No cómputo xeral de seleccións, Galicia finalizou nun meritorio 5º posto en chicas e 6º posto en chicos, resumindo así o bo momento do atletismo galego.

Selección Gallega Atletismo

Selección Gallega Atletismo

Xunta de Galicia

© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada na internet pola Secretaría Xeral para o Deporte
EGAP - Rúa Madrid 2-4 (Fontiñas), 2ª andar 15781 Santiago de Compostela TLF. 881 99 63 63

Galicia