Xogade Xogade Xunta de Galicia Xogade

Novas

13/05/2016

A selección galega cadete de rítmica fai un bo papel en Alcorcón

Boas sensacións no CE de Ximnasia Rítmica do CSD

 

O pasado fin de semana tivo lugar o Cto. de España de Rítmica en Alcorcón (Madrid). As nosas representantes chegaron o venres 6 de maio para facer a acreditación esa mesma tarde, e o adestramento oficial o sábado pola mañá.

Selección Galega de Ximnasia Rítmica

Selección Galega de Ximnasia Rítmica

Comezou a competición o sábado 7 pola tarde, prolongándose ata o domingo pola mañá. Galicia clasificou no cómputo xeral no posto 13º, aínda que con rapazas moi novas e con moitas esperanzas de futuro.

Na clasificación por aparatos, sobre un total de 32 participantes, as nosas deportistas foron:

Mazas: Ana Li Quin Ares (25ª) e Andrea Vilar (27ª).

Aro: Lidia Martínez (20ª) e Andrea Villar (26ª).

Cinta: Andrea Brozos (21ª) e Alba Pita (24ª).

Pelota: Andrea Brozos (14ª) e Lidia Martínez (20ª).

Corda: Alba Pita (16ª) e Ana Li Quin Ares (25ª).

A selección galega acadou o posto 13º na clasificación xeral, na cal o podio por autonomías estivo composto polas seguintes:

1º. Comunitad Valenciana.

2º. Castilla y León.

3. Catalunya.

Xunta de Galicia

© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada na internet pola Secretaría Xeral para o Deporte
EGAP - Rúa Madrid 2-4 (Fontiñas), 2ª andar 15781 Santiago de Compostela TLF. 881 99 63 63

Galicia