Xogade Xogade Xunta de Galicia Xogade

Multixogo 6 a 8

Os Servizos Provinciais, a través das Agrupacións Deportivas, organizarán xornadas multidisciplinares para nenos e nenas de 1º e 2º de Educación Primaria ás que toda entidade interesada se poderá apuntar.

Cada organizador adaptará os contidos segundo as posibilidades e intereses do seu contorno, mantendo sempre o carácter práctico e lúdico destas actividades puntuais.

Desde o xogo e a motricidade global presentarase a Actividade Física como diversión para que entre a formar parte das súas vidas como primeiro paso para un estilo de vida activo e saudable.

Esta proposta busca aportar experiencias de práctica de actividade física sen ningún tipo de condicionamento cara a unha disciplina concreta. Unha vivencia do movemento que, lonxe dos modelos de especialización, amplíe a súa experiencia motriz e o gusto pola actividade e o movemento.

Esta actividade realizarase a partir do 1 de xaneiro.

Xunta de Galicia

© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada na internet pola Secretaría Xeral para o Deporte
EGAP - Rúa Madrid 2-4 (Fontiñas), 2ª andar 15781 Santiago de Compostela TLF. 881 996 348 / 353 Fax: 881 996 356

Galicia